Procesos da historiografía literaria galega
Para un debate crítico
abstract
Este libro analiza con sentido crítico os procesos de institucionalización da historia da literatura galega e sinala a necesidade de activar unha innovación metodolóxica da disciplina, eficaz en termos heurísticos, orgánicos e discursivos. Defende asemade que a actualización debe prestar atención a debates teóricos de fondo, non exclusivos de coordenadas culturais específicas. Entre eses debates poden destacarse a colaboración entre historia e socioloxía, a comprensión dos feitos literarios como feitos históricos, o reexame do nexo entre historia literaria e nación, os usos públicos da historia literaria e a exploración de alternativas promotoras dunha historiografía menos autocompracente e previsíbel.